Crítica de libros
Librería"
Puedes adquirir esta publicación en la LIBRERÍA ONLINE de la Fundación Federico Engels pinchando aquí. 148 páginas | 15 euros. 

Os desenrolos teóricos e a actividade práctica de V. I. Lenin no terreo da cuestión nacional foron decisivos para a vitoria da revolución socialista do 1917 en Rusia.

Os desenrolos teóricos e a actividade práctica de V. I. Lenin no terreo da cuestión nacional foron decisivos para a vitoria da revolución socialista do 1917 en Rusia. O Imperio ruso, coñecido como «a prisión dos pobos», someteu ó longo de case dous séculos a numerosos pobos e Estados previamente independentes utilizando a máis brutal das violencias.

A revolución do 1917, dirixida polo Partido Bolxevique con Lenin e Trotski á fronte, acabou con esta situación de opresión. Ademais de repartir entre os campesiños pobres a terra dos grandes terratenentes, nacionalizar a banca e a industria para poñer todos os recursos ao dispor das necesidades sociais, avanzar como nunca na historia nos dereitos das mulleres traballadoras e o colectivo LGTBI, poñer fin á participación de Rusia na espantosa matanza da I Guerra Mundial..., os bolxeviques recoñeceron e puxeron en práctica o dereito democrático das nacións á súa autodeterminación. Nacións como Finlandia, Xeorxia ou Ucraína, sometidas ata aquel momento ao xugo tsarista, puideron decidir libremente se seguían ou non unidas á nova Rusia revolucionaria e socialista.

Hoxe o capitalismo transita pola época histórica de maior crise económica, política e social dos últimos cen anos. Vivimos tempos de revolución e contrarrevolución, de loita pola hexemonía mundial e crecemento das tensións interimperialistas, de empobrecemento masivo da poboación e incremento das desigualdades sociais..., e a cuestión nacional exprésase con vigor en numerosos lugares do mundo.

Estudar os textos de Lenin sobre a cuestión nacional é un deber para todos e todas as que loitamos por un mundo libre de miseria e opresión. Nesta primeira edición en galego da Fundación F. Engels sobre a posición leninista ante a cuestión nacional incluímos dúas obras fundamentais:

1. O dereito das nacións á autodeterminación. Escrita entre febreiro e maio de 1914, é o texto central deste libro e recolle as posicións de Lenin na súa polémica con Rosa Luxemburgo. A franqueza e contundencia con que se expresa Lenin é unha mostra ineludible do compromiso dos e das comunistas coa loita contra a opresión nacional, e da importancia decisiva que ten manter unha postura de clase, revolucionaria e internacionalista. A completa exposición e defensa do punto de vista comunista sobre a cuestión nacional que fai Lenin, permitirá comprender ao lector a súa vixencia e a enorme utilidade deste texto na actualidade.

2. A revolución socialista e o dereito das nacións á autodeterminación. Este texto, publicado en febreiro de 1916 en forma de tese, representa unha síntese da política comunista respecto da cuestión nacional. Esta política resultaría clave, apenas un ano máis tarde, para que o Partido Bolxevique, dirixido por Lenin e Trotski, conquistase a maioría dentro dos soviet (consellos de traballadores, campesiños e soldados formados por delegados elixibles e revogables), gañase o apoio masivo das masas obreiras e campesiñas tanto de Rusia como das nacionalidades oprimidas e tomasen o poder.

Hai que sinalar que Trotski, que tamén é criticado con dureza por Lenin no dereito das nacións á autodeterminación, recoñeceu o acerto deste nas súas posicións sobre a cuestión nacional, que asumiu e aplicou ata o final da súa vida.

No célebre capítulo dedicado á cuestión nacional na súa Historia da Revolución rusa (1932), Trotski afirmou: «a política nacional de Lenin entrará para sempre no patrimonio da humanidade».

As diferenzas que inclúen estas páxinas de Lenin con Rosa Luxemburgo e Lev Trotski hai que enmarcalas nunha discusión sa entre revolucionarios, e non escurecen as brillantes achegas teóricas e prácticas destes dous xigantes da revolución, que durante toda a súa vida mostraron unha vontade incorruptible na loita contra a opresión capitalista e polo socialismo, que custou a vida de ámbolos dous. Esa polémica é unha proba ademais do intenso e vivo debate que sempre existiu entre os revolucionarios e no seo do propio Partido Bolxevique, moi lonxe da concepción monolítica que imporía brutalmente a contrarrevolución stalinista, e que nada ten que ver co marxismo revolucionario.

De feito, a contrarrevolución encabezada por Stalin, que acabou coa flor e nata do partido bolxevique e comportou a completa dexeneración da URSS, empezou a manifestarse moi pronto no terreo da cuestión nacional. Un dos choques de Lenin con Stalin na súa batalla final contra o proceso de burocratización, e que levou á definitiva ruptura de relacións entre eles, foi o trato despótico e chauvinista de Stalin cara ós bolxeviques xeorxianos, que non tardou en estenderse ós doutras nacionalidades e pobos oprimidos e a todos e todas as dirixentes que tentaron manterse firmes na política internacionalista e leninista de defensa principista do dereito de autodeterminación e do resto de dereitos democrático-nacionais.

Stalin acabou adoptando o nacionalismo granruso máis violento e reaccionario contra o que Lenin tanto loitara.

Nas páxinas dos dous textos que publicamos, Lenin fai numerosas referencias ós «granrusos». En tempo do Imperio tsarista, este diferenciaba entre tres Rusias: a Gran Rusia (Rusia europea), a Pequena Rusia (Ucraína) e a Rusia Branca (Bielorrusia). Lenin denunciou vehementemente o chauvinismo e o nacionalismo granruso, é dicir, o nacionalismo reaccionario do Imperio tsarista, que negaba o dereito á autodeterminación das nacións. A suma das poboacións das nacións oprimidas (polacos, ucraínos, fineses, xeorxianos, etc) mantidas pola forza dentro das fronteiras do Imperio, representaban a maioría numérica da poboación.

As notas do autor están indicadas. Todas as demais son da editorial, que explicitamos só cando complementan unha nota do autor.

 

COLABORA CON NOSOTROS Y HAZTE SOCIO

Distribuidor comercial  a librerías: 

                                   Para Euskai, Nafarroa, La Rioja y Catalunya:
 

                                      ACL – Almacén Central de Librería Polígono industrial Haizpea, 1 20150 Aduna (Gipuzkoa)
                                                             Tlf. 916864711 
Whatsapp: 688746771 
                                                                   Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
                                                                   www.almacencentraldelibreria.com

                                   Para el resto del Estado:

Traficantes de sueños C/ San Máximo, 31 - 20 Local 31 | 28041 Madrid
Tlf. Oficina 919333626 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Hazte socio de la Fundación Federico Engels y contribuye a su mantenimiento económico y favorece el desarrollo de sus actividades y publicaciones.

¡Ayudanos a defender y difundir las ideas del marxismo revolucionario!

Ver más información...

@ Fundación Federico Engels. Todos los derechos reservados

Condiciones legales de uso y política de privacidad