A primeira vista, parece que a publicación dunha nova edición do Manifesto esixe unha explicación. ¿Como se pode xustificar a reedición dun libro escrito hai case 150 anos? Se botamos unha ollada a calquera libro burgués escrito hai século e medio sobre os mesmos temas, darémonos de conta rapidamente que ese libro só terá un mero interese histórico, sen ningunha aplicación práctica. Pero o libro que nos ocupa é o documento máis moderno que existe.